VIDA EN GALEGO
martes, 28 de xaneiro de 2020
domingo, 26 de xaneiro de 2020
Areas dialectais.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de
se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres
grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No
interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual
extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores.
Esta división baséase fundamentalmente na fonética
e mais na morfoloxía; no futuro a análise da
distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala
ou modificala.
Galicia está dividida en 3 bloques ou areas
dialectais:
O bloque occidental e o oriental
presentan moitos trazos comúns en tódolos seus falares, polo que ben se podería
falar dunha macroárea atlántica ou occidental e dunha macroárea oriental. O
bloque central, que en xeral é o que mellor representa o galego común, ocupa
unha ampla zona xeográfica e presenta moi poucos fenómenos exclusivos. Máis ca
dunha transición gradual de oriente a occidente e de conservadorismo
a innovación -como se ten
falado-, a realidade das variedades do galego pode representarse nunha dobre
dirección: fenómenos innovadores que apagan a súa vitalidade cara ó leste e
fenómenos conservadores que diminúen cara ó oeste. Dentro do bloque central
pódense establecer áreas e subáreas pero, en xeral, carecen da unidade das dos
outros bloques.
Bloque occidental:
O
bloque occidental está
delimitado pola isoglosa cans/cas,
nel quedan incluídas as falas occidentais da Coruña
e de Pontevedra
asemade tamén unha pequena porción do sueste da Provincia de Ourense na Baixa Limia. En
liñas xerais é un complexo lingüístico innovador, diferenciado en tres áreas:
fisterrá, bergantiñá e pontevedresa.
Bloque central:
O bloque central é menos unitario. Inclúe toda a Galicia Central, delimitada polas isoglosas cans/cas no oeste e cas/cais no leste. Pertencen a el tódolos falares do nordés e interior da Coruña, o interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, non sendo a súa parte oriental. No seu seo distínguense dúas áreas: mindoniense e lucu-auriense.
Bloque
oriental:
O
bloque
oriental comprende todo o galego
do leste de Lugo e de Ourense, así coma o galego
exterior (occidente de Asturias,
León e Zamora). En xeral é un complexo de falas moi
conservadoras, separado do bloque central pola isoglosa cas/cais e do complexo astur-leonés pola ausencia de ditongación
(pèdra / piedra). Nel poden distinguirse catro
áreas: asturiana, ancaresa, zamorana e oriental-central.
Fonte de información: https://gl.wikipedia.org/wiki/Áreas_lingüísticas_do_galego
A miña opinión:
Eu
pensó que, aínda que hai moita xente que lle parece “raro” como falan as
persoas de outras areas dialectais ou persoas que viven na cidade pensan que
por falar así son menos intelixentes ca eles, fales como fales todos somos
iguais. Persoalmente si que pensó que o seseo é máis difícil de entender porque
son persoas que falan moi rápido.
A miña opinión:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Hoxe vouvos ha falar de 10 series galegas que non se han de esquecer: Mareas Vivas: ‘Mareas Vivas’ supuxo un antes e un despois na f...
-
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas , poden delimitarse tres...
-
Hoxe falaremos das 10 ONG máis coñecidas a nivel mundial: Mercy Corps : Situada en Portland ( Oregón , Estados Unidos), esta ONG ac...