domingo, 26 de xaneiro de 2020

Areas dialectais.


Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.

Galicia está dividida en 3 bloques ou areas dialectais:
O bloque occidental e o oriental presentan moitos trazos comúns en tódolos seus falares, polo que ben se podería falar dunha macroárea atlántica ou occidental e dunha macroárea oriental. O bloque central, que en xeral é o que mellor representa o galego común, ocupa unha ampla zona xeográfica e presenta moi poucos fenómenos exclusivos. Máis ca dunha transición gradual de oriente a occidente e de conservadorismo a innovación -como se ten falado-, a realidade das variedades do galego pode representarse nunha dobre dirección: fenómenos innovadores que apagan a súa vitalidade cara ó leste e fenómenos conservadores que diminúen cara ó oeste. Dentro do bloque central pódense establecer áreas e subáreas pero, en xeral, carecen da unidade das dos outros bloques.
 

Bloque occidental:
O bloque occidental está delimitado pola isoglosa cans/cas, nel quedan incluídas as falas occidentais da Coruña e de Pontevedra asemade tamén unha pequena porción do sueste da Provincia de Ourense na Baixa Limia. En liñas xerais é un complexo lingüístico innovador, diferenciado en tres áreas: fisterrá, bergantiñá e pontevedresa.



 


 

Bloque central:

O bloque central é menos unitario. Inclúe toda a Galicia Central, delimitada polas isoglosas cans/cas no oeste e cas/cais no leste. Pertencen a el tódolos falares do nordés e interior da Coruña, o interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, non sendo a súa parte oriental. No seu seo distínguense dúas áreas: mindoniense e lucu-auriense.

 


Bloque oriental:

O bloque oriental comprende todo o galego do leste de Lugo e de Ourense, así coma o galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora). En xeral é un complexo de falas moi conservadoras, separado do bloque central pola isoglosa cas/cais e do complexo astur-leonés pola ausencia de ditongación (pèdra / piedra). Nel poden distinguirse catro áreas: asturiana, ancaresa, zamorana e oriental-central.

 

 

 

 

Fonte de información: https://gl.wikipedia.org/wiki/Áreas_lingüísticas_do_galego

 


A miña opinión:

 Eu pensó que, aínda que hai moita xente que lle parece “raro” como falan as persoas de outras areas dialectais ou persoas que viven na cidade pensan que por falar así son menos intelixentes ca eles, fales como fales todos somos iguais. Persoalmente si que pensó que o seseo é máis difícil de entender porque son persoas que falan moi rápido.

 


Video de confirmación.