martes, 14 de xaneiro de 2020

Museos científicos en A Coruña.

En Coruña hai varios museos científicos, hoxe vouvos a falar deles.

A casa das ciencias:
Conta con catro salas dedicadas a exposicións interactivas máis un planetario. No ras do chan destaca un péndulo de Foucault, realizado cunha esfera maciza de 120 quilos pendurada dun cabo de máis de 14 metros de lonxitude.
No primeiro andar atópase a sala de experiencias, dedicada precisamente a experiencias sobre o mundo físico, con módulos interactivos que responden ás accións dos visitantes. Hai tamén unha sala de exposicións temporais e outra de exposicións de natureza.
O planetario, denominado Sala de Proxección Galileo, permite representar sobre unha cúpula de 10 metros de diámetro todos os astros visíbeis a simple vista desde a Terra e reproducir os movementos que se observan no ceo. Pode mostrar o firmamento tal e como se ve desde calquera punto do planeta ou as posicións dos planetas noutras épocas. A capacidade é de 84 butacas.
Tamén reparte premios dende 1987.



Resultado de imaxes para a casa das ciencias coruña



Casa do home (Domus):
Conta con 1.500 m² de exposicións, 300 deles na sala Severo Ochoa, de exposicións temporais, e unha sala de proxeccións de cinema en grande formato. Ten excelentes vistas ás praias de Riazor e Orzán.
As exposicións oferecen uns 200 módulos interactivos. Ademais de fornecer información, esixen ser accionados mediante algún mecanismo, frecuentemente en forma de xogos sinxelos, para entender o seu funcionamento. As áreas temáticas denomínanse Eu (a identidade), Nós (demografía), Bioquímica e Xenética, Paisaxes (medios de exploración do corpo e imaxes microscópicas de tecidos e células), Reprodución e desenvolvemento embrionarioSentidosCorazón e sistema circulatorio, Comer para vivir (nutrición e sentidos do gusto e o olfacto), Sistema motor, O CerebroEquilibrio, habilidades e linguaxe.
A sala de proxeccións denomínase Leonardo da Vinci. As proxeccións son de grande formato (8/70) magnavisión sobre unha pantalla de 80 m² . Conta cunha potencia de 7.000 vatios de luz e 4.000 de son, con 17 altofalantes.

En 2015 inaugurouse a sala Maker, dedicada á robótica.
Resultado de imaxes para casa do home


Resultado de imaxes para MUNCYTMuseo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT):
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).
No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende Nova York, unha pequena exposición da historia tecnolóxica en España, iniciativas industriais e a evolución dos medios de comunicación escritos e informáticos.Tamén conta con visitas guiadas.



Aquarium Finisterrae:
Aquarium Finisterrae, Acuario da Fin do Mundo ou Casa dos Peixes, é un dos "Museos Científicos Coruñeses". Contén, ademais do "gabinete do Capitán Nemo", mergullado na piscina máis grande de Europa, elementos de museos que propoñen experiencias como tocar estrelas de mar ou rodaballos e coñecer onde viven os lagostinos. Tres piscinas exteriores albergan ademais focaspolbos e outras especies das costas do Atlántico europeo. Non se exhiben peixes vistosos doutras latitudes, senón o ecosistema mariño da costa galega. Foi inaugurado o 5 de xuño de 1999.
No acuario hay varias sección que se poden visitar:
·         Maremagnum é a sala principal de exhibición permanente. Mide uns 1.600 metros cadrados, ocupados por uns 80 módulos interactivos.
·         Nautilus é unha sala envolvida por unha piscina enorme, de 4,4 millóns de litros. Pretende mostrar unha panorámica do fondo mariño, como se se estivese dentro dun submarino.
·         Paraíso Mariño é unha piscina intermareal, aberta ao mar por unhas comportas. Durante a maré baixa está ocupada por 2,3 millóns de litros, que chegan aos 9 durante a maré alta.
·         Piscinarium é a outra grande piscina exterior. Con 7 metros de profundidade, contén 5,5 millóns de litros de auga. Ocúpanna mamíferos mariños e úsase para recuperar espécimes feridos ou mesmo para facer prácticas de mergullo.
·         Octopus' Garden ("Xardín dos Polbos", nome inspirado nunha canción de The Beatles), é unha piscina exterior fechada cun muro de metacrilato que alberga medio cento de polbos.
·         Xardín Botánico bordea o camiño que liga as tres piscinas exteriores (Paraíso Mariño, Octopus' Garden e Piscinarium), cunha representación das especies vexetais das costas galegas, especialmente de praias e dunas.
·         Terraza permite observar as aves mariñas locais e os movementos de barcos e percebeiros.
Colonia de Focas. pódese ver no seu hábitat un grupo de focas do atlántico oriental. Existen visitas guiadas con reserva previa.
Resultado de imaxes para Aquarium Finisterrae:



Fonte de información: Casa das ciencias⇒ https://gl.wikipedia.org/wiki/Casa_das_Ciencias
            Casa do home (Domus)⇒ https://gl.wikipedia.org/wiki/Casa_do_Home
            Aquarium Finisterrae⇒  https://gl.wikipedia.org/wiki/Aquarium_Finisterrae


A miña opinión:

Eu penso que esta cidade (A Coruña) é unha cidade con moita sorte e moi rica en ciencia por estos museos. Ademáis, estos museos son moi interesantes e divertidos xa que che ensinan ciencia de manera divertida e con actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Video de confirmación.