xoves, 23 de xaneiro de 2020

Teatros galegos.


Teatro Colón:
Teatro Colón é un centro de representación escénica situado nos xardíns de Méndez Núñez, centro da cidade da Coruña. O Teatro Colón é de titularidade da Deputación Provincial da Coruña e xestionado por Novacaixagalicia dende a súa reapertura no 2006. Dispón dun escenario de 120,05 metros cadrados e dunha capacidade total de 847 localidades repartidas entre o patio de butacas (521 localidades) e dous niveis (palcos e antepalcos con 107 localidades, e principal con 219 localidades).
Resultado de imaxes para teatro colon

Teatro Rosalía de Castro:
Teatro Rosalía Castro é unha institución cultural da cidade da Coruña, de titularidade municipal, xestionada polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) do Concello da Coruña e dirixido por Javier Sabadie Iglesias. Trátase dun centro de representación escénica situado no centro da cidade herculina, en plena Rúa Real e moi próximo á Praza de María Pita. Nas súas dependencias atópase tamén dende o 20 de maio de 1994, a Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña. O edificio é un teatro do século XIX de estilo ecléctico. Dispón dun escenario de 150 metros cadrados e dunha capacidade de entre 628 e 712 localidades repartidas entre o patio de butacas e catro niveis, e que se encontran acondicionadas para albergar distintos tipos de espectáculos artísticos (música, danza, teatro etc).
Resultado de imaxes para Teatro Rosalía de Castro


Teatro Jofre:
Teatro Jofre é unha institución cultural da cidade de Ferrol, inaugurado en 1892. É unha das máis importantes obras da arquitectura teatral da España do século XIX. O seu interior, coa súa espléndida acústica e fermosa decoración, é testemuña da actividade cultural da cidade. A fachada orixinal do Teatro Jofre ocupaba a actual praza de Galicia, e contrastaba na súa sinxeleza co interior. Na actual destacan as columnas decoradas con elementos teatrais. A planta ten forma de ferradura. O interior, de tres pisos decorados, e con frescos no teito que representan os xéneros teatris, pintados por Jorge Busato e Fontana di Cento, está influído polos gustos do século XIX, inspirados, a súa vez, nos teatros barrocos italianos.

Resultado de imaxes para Teatro Jofre


Pazo da Cultura de Narón:
Pazo da Cultura de Narón é un edificio cultural inaugurado en 2008 no Concello de Narón. Substitúe nesas funcións ao Auditorio de Narón do Alto do Castiñeiro que ten unha capacidade de 400 persoas. No novo Pazo da Cultura de Narón, o Padroado da Cultura de Narón organiza diversas actividades culturais como obras teatrais, danza e música.
Resultado de imaxes para Pazo da Cultura de Narón





Fontes de información:

Teatro Colón⇒https://gl.wikipedia.org/wiki/Teatro_Col%C3%B3n_da_Coru%C3%B1a
Teatro Rosalía de Castro⇒https://gl.wikipedia.org/wiki/Teatro_Rosal%C3%ADa_Castro
Teatro Jofre⇒https://gl.wikipedia.org/wiki/Teatro_Jofre#Caracter%C3%ADsticas
Pazo da Cultura de Narón⇒https://gl.wikipedia.org/wiki/Pazo_da_Cultura_de_Nar%C3%B3n



A miña opinión:

Persoalmente penso que os teatros por dentro son moi bonitos e, aínda que non adoito ir moi a miúdo, as veces que fun pareceume incrible o que vi. Tamén penso que ir ao teatro é algo que debería facerse máis a miúdo porque é unha actividade moi interesante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Video de confirmación.