martes, 21 de xaneiro de 2020

Científicos galegos.


Emiliano Aguirre Enríquez:
Emiliano Aguirre Enríquez (Ferrol, 5 de outubro de 1925) é un paleontólogo español. A súa principal achega á paleoantropología é o inicio do estudo dos xacementos pleistocenos da serra de Atapuerca, cuxas escavacións dirixiu desde 1978 ata a súa xubilación, en 1990. É Premio Príncipe de Asturias e Académico numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Tamén escribiu numerosos libros, artigos de divulgación e artigos científicos.

María Barbeito:
María Nicolasa Paula Barbeito Cerviño (A Coruña, 1880 - Ibídem, 1970) foi unha mestra, pedagoga, escritora, tradutora, lingüista, ​ e profesora española. Introduciu en Galicia os principios de Montessori, así como os métodos do belga Decroly. Escribiu numerosos artigos e libros entre os que destacan: Nenos e educadores, (1913). A muller, antes, agora e despois, (1934). Concepción Arenal. Breviario humano (1949, 1974). Países e escolas (1975).

Isidro Parga Pondal:
Isidro Parga Pondal (Lage, 17 de decembro de 1900 - A Coruña, 4 de maio de 1986) foi un químico e xeólogo español.
Publicou: Mapa Xeolóxico de Galicia (1963), Mapa Xeolóxico da Península Ibérica (1970). Hai un Instituto Universitario de Xeoloxía o cal ten o seu nome, xurdiu en 1997 mediante un convenio da Xunta de Galicia asinado entre o Laboratorio Xeolóxico de Laxe e a Universidade da Coruña.

Ramón Verea:
Ramón Silvestre Verea de Aguiar e García (Curantes, 11 de decembro de 1833 - Buenos Aires, 6 de febreiro de 1899) foi un xornalista, enxeñeiro, escritor e inventor español. Como inventor fixo unha gran achega ao idear a primeira calculadora mecánica capaz de realizar multiplicacións directamente. Ten varias dúas narrativas (A cruz de Cobblestone, Unha muller con dous maridos) e catro ensaios ("A Aurora," Librería Mexicana, Catecismo librepensador, ó Cartas a un campesiño.)





Fontes de información: Emiliano Aguirre Enríquez⇒ https://es.wikipedia.org/wiki/Emiliano_Aguirre
                                      María Barbeito⇒ https://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Barbeito
                                      Isidro Parga Pondal⇒ https://es.wikipedia.org/wiki/Isidro_Parga_Pondal
                                      Ramón Verea⇒ https://es.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Verea


A miña opinión:

Sinceramente parece xenial que Galicia teña tantos científicos galegos importantes (sobre todo para "combatir" os estereotipos de que os galegos somos incultos ou moi pouco intelixentes). Espero que nun futuro haxa moitos máis científicos galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Video de confirmación.